Quen somos

Estás aquí:

En Xullo de 2002 crease a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, co fin de xestionar, promover, defender e coordinar os intereses comúns dos seus membros. 

Despois de comprobar que a anterior directiva estaba sumida nun estado de desánimo para levar adiante as tarefas necesarias para impulsar a Praza de Abastos nun momento de vital importancia, decidimos cambiar a xunta directiva.

Un dos obxetivos mais importantes que desexamos conseguir e o de revitalizar o Mercado de Abastos tras a reforma a que se someteu a estructura. Usando ferramentas de dinamización comercial para conseguir fidelizar aos clientes.

Contamos cunha xestión profesionalizada a través dunha unidad xerencial encabezada por Helena Caiña Rey.