BASES DA CAMPAÑA “QUINCENA DO PAI 2023”
1) OBXECTO
A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, desenvolverá dende o 15 ao 30 de marzo de 2023, ambos inclusive, a promoción “Quincena do Pai 2023”. Esta Campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados, ofrecendo a posibilidade de acadar premios.
2) ÁMBITO DA PROMOCIÓN
Esta promoción terá o seu ámbito nos postos asociados da asociación, que decidan voluntariamente participar na mesma (sempre e cando os mesmos se atopen abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado).
3) PREMIOS:
Haberá 1 tarxeta regalo de “Comercio do Morrazo”, de 100€. O/a gañador/a disporá dun mes para canxear a tarxetas regalo no praceiro correspondente ao ticket de compra (por exemplo, se o ticket de compra gañador corresponde a “Comercial Y”, a tarxeta regalo consumirase no establecemento en “Comercial Y”)
4) DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN.
Trátase dunha promoción de balde dirixida aos clientes-consumidores dos postos asociados. Pode participar calquera persoa física que realice alguna compra ou servizo no comercio ou empresa asociada durante o período de vixencia da promoción (do 15 ao 30 de marzo de 2023).
Para participar, tan só haberá que cumplimentar o formulario de rexistro, que figura na web e subir o ticket de compra, cuxo importe non poderá ser inferior a 1€. O formulario, aparecerá no enlace
https://www.prazadeabastosdemarin/dia-do-pai. O sorteo realizarase o luns 3 de abril, a través da web
https://www.sortea2.com/sorteos.
A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estricto respeto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción. Todos os datos introducidos polo participante deberán ser veraces. No suposto de que o participante cumplimentase o formulario con datos falsos ou utilizara de xeito inadecuado, non se terá en conta e quedará excluído da promoción e da posibilidade de optar a premio algún. Do mesmo xeito, aqueles rexistros pertencentes a tickets de compra de establecementos non asociados, non terán opción á participar no sorteo.
A constatación de calquera destas circunstancias suporá a descalificación automática do participante. No caso de constatar as citadas irregularidades con posterioridade á aceptación do premio,
a ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN, resérvase o dereito a exercitar todalas accións legais que lle asistan contra os infractores.
5) ENTREGA E ACEPTACIÓN DOS PREMIOS
ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN, porase en contacto cos gañadores das tarxetas regalo nos números de teléfono facilitados no rexistro, a partir das 13.30 horas dos días dos sorteos.
Para elo realizaranse dous intentos de comunicación telefónica, durante ese día. Unha vez contactado, o gañador deberá confirmar a súa aceptación do premio. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos ou non puidera ser localizado mediante os datos facilitados, pasarase a identificar aos suplentes por orden, seguindo idéntico proceso. De resultar infructuoso o intento, o premio quedará deserto. Ningún dos premios da presente promoción poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación o cesión a petición dos gañadores. Os gañadores terán que recoller os premios, nos actos que se levarán a cabo os días que determine a asociación, nos establecementos onde se rexistraron os tickets de compra premiados e deberán vir provistos dalgún documento identificativo (DNI, Carnet de conducir…). No caso de non poder asisitir a dita entrega, poderán delegar noutra persoa sempre e cando esta acuda co citado documento acreditativo da persoa gañadora do premio. No caso de non acudir ao acto de entrega de premios, entenderase que renuncia ao mesmo.
6) LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR
ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN resérvase o dereito, se concurre causa xusta e previa comunicación de xeito legal, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción.A simple participación implica a aceptación destas Bases na súa totalidade, polo que a manifestación, no sentido da non aceptación das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN, quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante. Así mesmo, os participantes comprométense a admitir a decisión interpretativa que ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN poida darlle sobre as presentes bases ou sobre calquera cuestión derivada da promoción contemplada nestas. Así mesmo, se a persoa que figura no boleto gañador fose un menor, poderá representalo os seus pais ou tutor legal.
7) EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADES
ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.
ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN non será responsable si ao tratar de contactar co teléfono do gañador ou o seu correo electrónico están fóra de servizo ou non o reciben axeitadamente.
8) DEREITOS E DEBERES DE PARTICIPANTES E GAÑADORES.REPERCUSIÓN FISCAL
ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN non se fará cargo dos impostos derivados da entrega dos premios, salvo aqueles que por lei lle correspondan satisfacer, e, no seu caso, practicará o ingreso a conta ou a retención que poida corresponderlle en virtude da lexislación aplicable.
De conformidade coa normativa do IRPF os premios desta promoción estarán suxeitos á normativa fiscal en vigor en cada momento, actualmente a Lei 35/2006, de 28 de novembro do IRPF e o Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo polo que se aproba o Regulamento do IRPF. Neste marco legal, establécese que os premios derivados da participación en xogos, concursos, rifas, ou combinacións ao azar vencelladas á venda e promoción de bens e servizos están suxeitos ao ingreso a conta sempre e cando a base de retención ou ingreso á conta do premios sexa superior a 300 €.
ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN queda relevado de calquera responsabilidade relativa ás obrigas fiscais que para o agraciado puideran derivarse da obtención do premio.
9) TRATAMENTO DOS DATOS DE CARACTER PERSOAL
A efectos de dar cumprimento ao REGULAMENTO (UE) 2016/679 RGPD, informa de que os datos proporcionados polos participantes na campaña poderán serán incorporados a un fichero automatizado,
denominado PROMOCIONES CAMPANAS Y SORTEOS responsabilidade da entidade, coa finalidade de xestionar a súa participación na presente promoción así como poder informarlle por calquera medio sobre produtos, promocións ou servizos, así como para o uso interno dos mesmos e o envio de comunicacións relativos aos aspectos anteriores. Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición, revocación do consentemento prestado asi como reclamar ante AEPD. ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, pérdida, tratamento ou acceso nonautorizado.
10) CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
Os gañadores desta promoción autorizan a ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos, enderezo e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que esté relacionada con esta promoción, todo elo en calquera medio e sen que ditas actividades lles confira dereito de remuneración ou beneficio algún coa excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. A cesión inclúe todos os dereitos de reproducción, transformación, distribución e comunicación pública da grabación ou imaxes captadas, sen limitación de tempo nin territorio.
11) ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na presente promoción supón a aceptación integra das presentes bases e a sumisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN. No caso de diverxencia entre os participantes na promoción e a interpretación das presentes bases por ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN, serán competentes para coñecer dos litíxios que poidan plantexarse os Xulgados e Tribunais de Marín, renunciando expresamente os participantes desta promoción ao seu propio fuero, de resultar distinto ao aquí pactado.
A campaña conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.
En Marín a 15 de marzo de 2023