Marketplace

Estás aquí:

A continuación explicamos as condicións xerais, do noso marketplace https://www.mercadomarin.com

0. OBXECTO

As presentes Condicións Xerais regulan o uso do sitio web www.mercadomarin.com, do que é titular ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA PRAZA DE ABASTOS DE MARIN (en adiante, Praza de Abastos de Marín), donde Mercadomarin.com actúa como Marketplace, na venda de produtos d@s praceir@s asociados, intermediando na compravenda dos citados productos. Tamén se identifican aos usuarios do servizo, que poderán ser usuarios que vendan ou usuarios que compren productos en www.mercadomarin.com (en adiante USUARIO VENDEDOR e USUARIO COMPRADOR respectivamente)

A adquisición de calquera dos produtos conleva a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das Condicións Xerais que se indican, sen perxuízo da aceptación das Condicións Particulares que puideran ser de aplicación ao adquirir determinados produtos.
Estas Condicións Xerais poderán ser modificadas sen notificación previa, polo tanto, é recomendable ler atentamente o seu contido antes de proceder á adquisición de calquera dos produtos ofertados.

1. IDENTIFICACIÓN

Praza de Abastos de Marín, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmalle que:

  • A súa denominación social é: ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN
  • O seu nome comercial é: ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA PRAZA DE ABASTOS DE MARÍN.
  • O seu CIF: G36422772
  • O seu domicilio social está en: Rúa Serafín Tobío s/nº – 36900 – Marín (Pontevedra)
  •  Está inscrita no SMAC con data de rexistro de 17/09/2020 e nº36/795

2. COMUNICACIÓNS

Para comunicarse con nós , poñemos a súa disposición diferentes medios de contacto que detallamos a continuación:
• Tfno: 986891112 / 604066771
• Correo electrónico: info@mercadomarin.com.
• Dirección postal: Rúa Serafín Tobío s/nº – 36900 – Marín (Pontevedra).

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e Praza de Abastos de Marín consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través de calquer medio dos detallados anteriormente.

3. RECOLLIDA DE DATOS

Praza de Abastos de Marín informalle de que no rexistro e na realización da compra, vostede autoriza a recollida da seguinte información de carácter persoal:
•    Nome e apelidos.
•    Correo electrónico.
•    Teléfono de contacto.
•    Dirección postal.
•    Número de tarxeta e, caducidade e código de seguridade da mesma.

O tratamento destos datos será coa finalidade de asegurar o correcto funcionamento da funcionalidade ofrecida polo sitio web/app.

4. PRODUTOS 

Os produtos ofertados en www.mercadomarin.com, xunto coas características principais dos mesmos e o seu prezo, que aparecen en pantalla, é información facilitada exclusivamente polo USUARIO VENDEDOR.

Praza de Abastos de Marín non posee ningún dos artigos postos á venda polos USUARIOS VENDEDORES, e está involucrado na transacción real na medida que actúa como intermediario entre compradores e vendedores. O contrato de compravenda faise directamente entre o USUARIO COMPRADOR e o USUARIO VENDEDOR.

O USUARIO VENDEDOR estará obrigado a celebrar e completar a compravenda dos seus produtos. Por ilo, non poderá retirar o seu produto salvo que se dean circunstancias especiais, de mutuo acordo co USUARIO COMPRADOR e a aprobación de Praza de Abastos de Marín, a efectos de realizar os cambios pertinentes no cobro das comisións xeradas pola transacción.

Unha vez dentro de www.mercadomarin.com, e para acceder á compra dos produtos dispoñibles, o Usuario deberá seguir todas as instrucións indicadas no proceso de compra e/ou rexistro, o cal suporá a lectura e aceptación de todas as condicións xerais e particulares fixadas na web. Queda prohibida a venda dos seguintes artigos, enumerados de forma non exhaustiva:

• Calquera artigo cuxa venda ou publicidade sexa ilegal ou estea prohibida por calquer lexislación, lei, regulamento, orde ou regulación aplicable.
• Calquera artigo que o USUARIO VENDEDOR non teña dereito a vender.
• Calquera artigo que infrinxa ou viole os dereitos de calquer persoa.
• Calquera outro artigo que, a discreción de Praza de Abastos de Marín, sexa contrario aos Termos e Condicións establecidos.

Os menores de 18 anos só poderán utilizar os servizos de Praza de Abastos de Marín baixo a supervisión dun pai/nai ou titor/a. A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín queda eximida de toda a responsabilidade respecto ao acceso inadecuado de menores a Praza. É responsabilidade dos seus proxenitores ou titores exercer un control axeitado sobre a actividade dos fillos ou menores ao seu cargo ou ben instalar algunha das ferramentas de control de uso de internet co obxecto de evitar o acceso a materiais ou contidos non aptos para menores.
A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, resérvase o dereito de admisión de calquera persoa física ou xurídica como usuario rexistrado de www.mercadomarin.com, posto que isto implica unha serie de condicións e vantaxes reservadas para os seus usuarios. O proceso de rexistro en www.mercadomarin.com estará sempre mediado e controlado por Praza de Abastos de Marín, executándose en dito control o dereito de admisión como usuario.

A pesar de que a Praza de Abastos de Marín, coa finalidade de ofrecer un servizo de calidade, selecciona, revisa e controla de maneira periódica os produtos postos á venda en www.mercadomarin.com, do mesmo modo que revisa e controla nas mesmas condicións os perfís dos Usuarios, Praza de Abastos de Marín non se compromete á veracidade dos datos aportados, nin é responsable de posibles danos a terceiros por estos contidos.

5. DISPOÑIBILIDADE E SUSTITUCIÓNS

Praza de Abastos de Marín pretende garantizar a dispoñibilidade de todos os produtos que están publicitados a través de www.mercadomarin.com. Non obstante, no caso de que calquera produto solicitado non estivera dispoñible ou o mesmo se houbese agotado, informaraselle ao USUARIO COMPRADOR do procedemento que se seguirá para proceder á devolución do importe pagado polo produto non dispoñible o antes posible.
Si o USUARIO VENDEDOR se retrasara inxustificadamente na devolución das cantidades aboadas, o USUARIO COMPRADOR poderá reclamar o dobre da cantidade adeudada.

6. PROCESO DE COMPRA 

O usuario que venda ou compre produtos en www.mercadomarin.com deberá darse de alta a través do formulario previsto ao efecto por Praza de Abastos de Marín, facilitando todos os datos requeridos: datos que en calquer caso serán veraces, exactos e completos sobre a súa identidade e que o Usuario deberá consentir expresamente mediante a aceptación da política de privacidade de www.mercadomarin.com.
Para realizar algunha compra ou venda de produtos en www.mercadomarin.com, é necesario que o Usuario sexa maior de idade.

Para vender produtos en www.mercadomarin.com, o USUARIO VENDEDOR deberá cumprir coa condición de ser praceira/o da Praza de Abastos de Marín e ser asociada/o á Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín.

O USUARIO VENDEDOR deberá publicar as imaxes dos produtos postos á venda e o prezo de acordo coas características indicadas, así como clasificar estos na categoría axeitada. Non estará permitido incluir enlaces, nin anuncios a outros bens ou perfís corporativos que non estean vendendo a través de www.mercadomarin.com.

O USUARIO VENDEDOR, comprométese a proporcionar os datos de contacto, dirección de recollida, prezos de transportista ou dirección de remitente, pago e/ou facturación correctos e veraces, así como mantenelos en todo momento actualizados, non asumindo Praza de Abastos de Marín ningunha responsabilidade en caso contrario.

Praza de Abastos de Marín confirmará ao USUARIO COMPRADOR a transacción realizada ao finalizar o proceso de compra ao correo electrónico facilitado, indicándolle o prazo de entrega dos produtos adquiridos. Do mesmo modo, Praza de Abastos de Marín confirmará la venda ao USUARIO VENDEDOR por email e lle ofrecerá información sobre cómo proceder, indicando os prazos de entrega do produto vendido.

Os gastos de envío serán asumidos polo USUARIO COMPRADOR, sendo estos informados no proceso de pedido e debendo ser aceptados polo Usuario con anterioridade á aceptación da compra.

O proceso de compra poderase realizar como Usuario invitado ou como Usuario rexistrado, modificándose os pasos a seguir en cada caso.

As compras efectuadas entre as 09 e as 11.30, entregaranse durante a propia mañá do día no que se realiza a citada compraAs compras efectuadas fóra dese horario entregaranse no seguinte día hábil, tendo en conta que só se servirán pedidos de luns a venres (excepto os días que non haxa Mercado)

Os pasos a seguir para realizar a compra como USUARIO COMPRADOR invitado son:
1.    Selección dos produtos a incluir no carriño.
2.    Acceso al carriño para realizar o pedido.
3.    Introdución dos datos personais básicos e posibilidade de rexistro.
4.    Introdución da dirección de envío.
5.    Selección do método de envío.
6.    Confirmación do pago del pedido.

Os pasos a seguir para realizar a compra como USUARIO COMPRADOR rexistrado son:

1.    Selección dos produtos a incluir no carriño.
2.    Acceso ao carriño para realizar pedido.
3.    Identificación do USUARIO COMPRADOR a través do seu usuario e contrasinal.
4.    Confirmación dos datos personais.
5.    Confirmación da dirección de envío.
6.    Selección do método de envío.
7.    Confirmación do pago do pedido.

Asi mesmo, é recomendable que o USUARIO COMPRADOR imprima e/ou garde unha copia en soporte duradeiro das condicións de venda ao realizar o seu pedido, así como tamén do comprobante de recepción enviado por Praza de Abastos de Marín por correo electrónico.

7. FACTURACIÓN

Xunto co seu pedido, o USUARIO COMPRADOR recibirá a correspondente factura emitida polo USUARIO VENDEDOR.
Praza de Abastos de Marín liquidará ao USUARIO VENDEDOR, a cantidade resultante do vendido restando a cantidade fixada en concepto de cota de participación no proxecto.

8. ENTREGA

O pedido entregarase no domicilio designado polo USUARIO COMPRADOR no momento da contratación.
Sempre e cando o USUARIO VENDEDOR ofreza esta opción, o USUARIO COMPRADOR poderá tamén recoller o pedido na posto da praza do USUARIO VENDEDOR.

O ámbito de entrega recolle as seguintes zonas: Concello de Marín.
A xestión loxística dos pedidos corresponde a Praza de Abastos de Marín, que utilizará unha moto eléctrica para efectuar o reparto. O mesmo, efectuarase de 11.30 a 14. de luns a venres (excepto os días que non haxa Mercado).

O USUARIO COMPRADOR, comprométese a proporcionar a Praza de Abastos de Marín os datos de dirección de entrega correctos que serán utilizados para a realización do envío. En caso de realizar un pedido e que este esté en proceso de entrega e non se poida entregar por motivos alleos á Praza de Abastos de Marín o USUARIO COMPRADOR non terá dereito a reclamación algunha.

Os pedidos serán entregados entre as 11.30 e as 14.00 do día no que se formaliza o pedido, tendo en conta que estos se efectúan de luns a venres en horario de 09 a 11.30, debido á tipoloxía do produto que se vende na praza. No caso de realizar pedidos fóra deste horario, entregaranse no día hábil seguinte. En todo o momento o USUARIO COMPRADOR, saberá en que punto se atopa o seu pedido, xa que se avisará do mesmo a través do correo electrónico. As distintas fases nas que se pode atopar un pedido son: – Procesando e – Completado. Cando pase a Completado, o pedido atoparase en reparto.

En casos de moita recepción de pedidos e debido ao proceso de preparación dos mesmos, o prazo de entrega poderá exenderse máis alá das 14h, sen que isto supoña ningún tipo de contraprestación ao USUARIO COMPRADOR.

9. PREZOS, GASTOS E IMPOSTOS

Os prezos dos produtos que se recollen en www.mercadomarin.com, expresaranse en Euros.
Os prezos finais de todos os produtos, (e no seu, os prezos finais por unidade de medida, cando sexa obrigatorio) xunto as súas características, as ofertas, descontos, etc., refléxanse en cada un dos artigos que aparecen na web.

• Os produtos teñen o IVE incluido, debendo o USUARIO VENDEDOR especificar o tipo de IVE a aplicar a cada producto incluido en www.mercadomarin.com.
• Os gastos de envío, serán de 3€ para os pedidos inferiores a 60€ e serán de balde para os pedidos superiores a 60€. Para estes supostos, aparecerá na pantalla de compra-venda, a opción de seleccionar «Envío gratuito»
Os prezos dos produtos poden variar en calquera momento. Neste caso, o prezo a aplicar será o vixente na data de realización do pedido. De calqueira modo, o custo final será comunicado ao USUARIO COMPRADOR no proceso de compra electrónica antes de que éste formalice a súa aceptación.

10. FORMAS DE PAGO

Praza de Abastos de Marín pon a súa disposición esta forma de pago:
a. Pago online Servired/Redsys
Pode realizar o pago de maneira inmediata a través da pasarela de pago seguro SSL Servired/RedSys (La Caixa). Esta pasarela envíao ao TPV da súa entidade bancaria para ingresar a súa información para o pago.  Os datos tanto persoais como bancarios trataranse de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratameento de datos personais e á libre circulación destos datos detallado no Aviso legal e a Política de privacidade do sitio web.

b. Pago a través de Stripe

Aceptamos pagos con tarxetas de crédito e débito Visa, Mastercard e American Express.

Que é Stripe?

Stripe é un servizo que permite realizar pagos con tarxeta en liña sen necesidade de manexar nós os datos individuais da tarxeta. Os principais beneficios de usar Stripe son:

* A información da súa tarxeta é procesada por Stripe e non por nós. Se algo caracteriza a Stripe é que é famoso pola súa seguridade de datos, o que é o convirte en líder na industria.

* Stripe, permite completar o pago desde o sitio web de www.mercadomarin.com , polo que non necesita saltar a varias páxinas de pago para realizar uhna transacción simple.

En calquera momento, a Praza de Abastos de Marín, pode modificar as fórmulas de pago.

11. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS E DESESTIMENTO

Praza de Abastos de Marín, é un mero intermediario entre os USUARIOS COMPRADORES e os USUARIOS VENDEDORES, polo que non compra nin vende produtos de ningún tipo. Praza de Abastos de Marín é propietario de www.mercadomarin.com, un Marketplace de compra e venda de produtos alimenticios, e todas as transaccións efectuadas nel son entre o particular e a/o praceira/o. De conformidade coa normativa de consumidores, os servizos de intermediación prestados por Praza de Abastos de Marín non poderán ser obxecto de desestimento polo Usuario cando se houbese confirmado a transacción ao USUARIO COMPRADOR e ao USUARIO VENDEDOR porque o servizo enténdese completamente executado, circunstancia que é coñecida e aceptada polo USUARIO COMPRADOR e o USUARIO VENDEDOR.

No tocante ao dereito de desestimento, o artigo 103 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, contempla unha serie de excepcións ao citado dereito entre as cales figuran os:

  • Bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez.

Polo que unha vez validado o pedido, e debido á natureza dos produtos que se venden en www.mercadomarin.com, non se poderá desistir do mesmo.

12. GARANTÍA

O USUARIO VENDEDOR debe responder ante o USUARIO COMPRADOR por cualquer defecto na Calidade dun produto, de acordo co establecido na súa política de garantía e según o consagrado no Estatuto do Consumidor.

13. RESPONSABILIDADE E EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

www.mercadomarin.com é un Marketplace que pon en contacto compradores e vendedores de diferentes produtos, en ningún caso é propietario nin exerce ningunha titularidade nin control dos produtos postos á venda, salvo que se exprese o contrario exonerándose de calquera responsabilidade en caso de desacordo entre as partes. Sen perxuízo do anterior, Praza de Abastos de Marín empregará a máxima dilixencia para garantir o bo funcionamento da plataforma.
Toda a información dos produtos publicados en www.mercadomarin.com foi facilitada polo USUARIO VENDEDOR que pon á venda o produto polo que Praza de Abastos de Marín non pode garantir a calidade dos mesmos, e/ou as descricións que facilitan os vendedores. Por outra parte, as imaxes que aparecen na web, teñen a finalidade de aportar máis información sobre os produtos pero poden non corresponderse cos produtos que reciba no seu domicilio.
No tocante ao tratamento dos seus datos persoais, pode comprobar dito tratamento na política de privacidade

O acceso, contratación e uso dos produtos ofrecidos por www.mercadomarin.com require dun ordenador ou dispositivo móbil e dunha conexión a Internet. Os gastos asociados a ditos elementos non se encontran incluidos dentro dos prezos descritos nas presentes condicións legais. Para unha correcta navegación no noso portal, é necesario navegar de xeito non incógnito, do contrario non nos facemos responsables de posibles erros no transcurso da experiencia de compra.

Praza de Abastos desenvolve a máxima dilixencia na implementación de medidas de seguridade, nembargantes, non asume responsabilidade algunha en relación á custodia e o bo uso dos contrasinais para acceder a www.mercadomarin.com, que serán responsabilidade exclusiva do USUARIO COMPRADOR.

14. ATENCIÓN AO CLIENTE E RECLAMACIÓNS

Para interpoñer calquera queixa ou reclamación ante a Praza de Abastos de Marín, o usuario deberá dirixirse ao departamento de atención ao cliente ben no número de teléfono 986 89 11 12, ou ben a través da dirección de correo electrónico info@mercadomarin.com.
Según a Resolución de litixios en liña en materia de consumo da UE e conforme ao Art. 14.1 do Regulamento (UE) 524/2013, informámoslle que a Comisión Europea facilita a todos os consumidores unha plataforma de resolución de litixios en liña que se encontra dispoñible no seguinte enlace: http://ec.europa.eu/consumers/odr/.

15. PROPIEDAD INTELECTUAL E INDUSTRIAL

A páxina web www.mercadomarin.com, está creada co tema gratuito de WordPress Storefront cunha licenza gratuita – GNU GPL v3

16. LEXISLACIÓN APLICABLE

As condicións presentes, rexiranse pola lexislación española vixente. As partes acordan, con renuncia expresa a calquer foro que puidera corresponderlles, someter cantas diverxencias puideran xurdir con motivo da execución e interpretación do presente contrato aos Xuzgados e Tribunais de Marín.