Campaña Por un consumo responsable

Estás aquí:

#ENCEPLANSOCIALPONTEVEDRA

Grazas ao #enceplansocialpontevedra, puxemos en marcha, coincidindo coa «Semana Europea da redución de residuos» (18-26 de novembro), esta campaña a través da cal se repartirán entre os usuarios da praza, bandexas compostables.

Estas bandexas, poden meterse no forno e no microondas e unha vez utilizadas pódense reciclar cos residuos orgánicos, ou para fabricar compost ou biogás.